SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jul. (EUROPA PRESS) -
Abanca rexistrou un beneficio despois de impostos de 386 millóns de euros no primeiro semestre, un 9,6% menos que no mesmo período do ano anterior, debido ao incremento da taxa fiscal efectiva provocado polo menor uso de créditos fiscais.
Antes de impostos, a entidade financeira gañou 501 millóns de euros, un 3,7% máis, segundo destacaron o seu presidente, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, na presentación de resultados este luns.