A alcaldesa de Santiago ve "avances" con policía e bombeiros, pero pide "tempo" para analizar as súas propostas

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 11 noviembre 2025 13:29

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que as negociacións cos sindicatos sobre o conflito con bombeiros e policías "avanzan", pero é necesario "tempo para estudar todas as propostas".

    Preguntada polos medios de comunicación este martes polo estado das conversacións, a mandataria municipal sinalou que "se necesita tempo para estudar as propostas, mirar as opcións, os encaixes que se teñen desde o punto de vista orzamentario e planificar o calendario, os tempos e cantidades".

   Neste contexto, indicou que se están tratando diferentes cuestións e que hai un "bo espírito de traballo dentro do grupo que se creou para este fin".

    "Por unha banda está moi avanzado o tema do expediente para o pago das horas extraordinarias que están pendentes e doutra banda estase falando desa cantidade que debe de ir no complemento específico asociado á nocturnidade e festividade", explicou.

   Ademais, ampliou, tamén se está falando de temas que teñen que ver co incremento da cantidade que se paga pola hora extraordinaria.

   Segundo a alcaldesa, algúns deles son temas que simplemente desenvolvesen no propio Concello e outros "requiren dun estudo e análises específicas" para "determinar exactamente o que a xente está a traballar e para chegar a un acordo cun calendario".

   "Insisto en que creo que se avanza, pero o que temos que facer é deixar que se poida negociar, con calma e tranquilidade e poder ter tempo tamén para estudar todas as propostas", concluíu.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado