A alcaldesa de Viveiro cre que Alcoa quere levar a produccion de aluminio primario "a outros países"

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 30 septiembre 2020 16:53

LUGO 30 Sep. (EUROPA PRESS) -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, considerou este mércores que a multinacional Alcoa "non quere a produción de aluminio primario en España, quere levalo a outros países". Unha cuestión que, na súa opinión, explicaría que a empresa estea "a actuar de mala fe" e que "non" lle valla "nada" dentro do proceso negociador de venda a Liberty.

A pessar diso, celebrou que tanto o Goberno central como a Xunta de Galicia estean a traballar "en bloque" para buscar as ferramentas legais necesarias e que a factoría de San Cibrao "non pare". "Para obrigar a Alcoa ou ben que venda ou si se quere ir que se vaia pero que deixe paso a un novo investidor".

Sobre unha posible intervención do goberno, a alcaldesa apelou a que "si fai falta que se interveña".
Si que é verdade que se deu un paso moi importante esta fin de semana, no aspecto de que o goberno puxo encima da mesa a compra da planta (de San Cibrao) a través do SEPI, non é unha intervención pero si practicamente", subliñou.

Loureiro censurou que a multinacional "actúa de mala fe, e non lle vale nada". "Xa non é o prezo da enerxía, o tema é que Alcoa non quere a produción de aluminio primario en España, quere levalo a outros países e esa é a súa política e non lle vale nada", dixo.

Seguidamente instou a que a multinacional americana "non se salga coa súa", dado que "gañou moitísimos millóns de euros co traballo dos veciños da Mariña e non pode coller agora e irse porque quere especular".

A alcaldesa de Viveiro advertiu, a modo de conclusión, que "non" quere porse no caso "de que as cubas paren, non poden parar porque no momento que paren isto acábase e si se dese o caso tería que ser castigada (Alcoa) e moi castigada", conclúe María Loureiro.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado