Antón Costas avisa de que en situacións de "incerteza" a poboación busca "seguridade" en réximes "totalitarios"

1026695.1.260.149.20251113164935
Vídeo de la noticia
Antón Costas e Amparo Alonso durante a súa participación no evento. - EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 13 noviembre 2025 17:36

VIGO 13 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente do Consello Económico e Social, Antón Costas, alertou de que en situacións de "incerteza" como a actual, ante a chegada da intelixencia artificial, a poboación busca "seguridade" en réximes "totalitarios".

Así o sinalou durante a súa exposición na segunda xornada do Vigo Global Summit de Zona Franca, celebrado este mércores e xoves no Auditorio Mar de Vigo.

Alí, Costas conversou coa catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Amparo Alonso Betanzos, sobre a 'Tecnoloxía, produtividade e cohesión: cara a un novo contrato social'.

El centrouse na "incerteza" que xera a intelixencia artificial, debido a que non hai consenso entre os especialistas sobre que suporá e que impacto terá en termos laborais e económicos, xa que expertos auguran que o seu impacto na produtividade será "escaso", mentres que outros consideran que será "importante". E o mesmo ocorre en termos de emprego.

"Se non sabemos. Se non somos capaces de dicirlle á sociedade que é o que con máis probabilidade vai ocorrer, cara a onde vai orientarse o debate público?", expuxo, indicando que esa "ignorancia" fai que aumente a sensación de "ansiedade e de incerteza" que pode chamarse "apocalipse laboral".

"PROBLEMA GRAVE"

Antón Costas alertou de que, neste tipo de situacións de "incerteza", a poboación busca "seguridade" en ofertas de tipo "totalitario", o que é un "problema grave".

Pese ha todo, recoñeceu que por agora se descoñece que ocorrerá e expuso que é necesario facer, animando a "rexeitar o fatalismo" porque o futuro depende do que se faga, da responsabilidade de cada un en como se use a intelixencia artificial.

Costas pediu "tips" de actuación, tanto para empresas como para usuarios, solicitando á súa vez aplicacións que fagan que a intelixencia artificial sexa útil para o día a día para as persoas, non que as substitúa.

Nunha conversación distendida, na que Antón Costas chanceou con que se estaba convidado o evento porque nacera na mesma parroquia que o delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, (ambos de Matamá, en Vigo), Amparo Alonso indicou que precisamente moitas empresas que optaron por unha intelixencia artificial sustitutiva tiveron que volver readmitir aos seus empregados porque estaban a ser rexeitadas polos usuarios.

Para Costas, o obxectivo non pode ser só facer diñeiro, porque ese tamén é o que buscan os defraudadores ou os traficantes de droga. Para el, as empresas deben xerar diñeiro a través de condutas con responsabilidade. Aí comezou a falar da importancia de impulsar un cambio ético de tal maneira que os usos da intelixencia artificial non poña en perigo as condicións de continuidade indefinida da humanidade e da democracia.

Contenido patrocinado