VIGO 13 Mar. (EUROPA PRESS) -
O Concello de Vigo confirmou este venres a suspensión das celebracións da Reconquista, que serán aprazadas a unha data aínda por determinar, segundo trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.
Nunha rolda de prensa, o rexedor ratificou o que xa hai días se viña sospeitando: a cancelación dos actos dunha das celebracións que reúne a máis xente nas rúas do casco vello e do centro da cidade olívica, e que se celebra habitualmente a finais de marzo.
"Non vai se é posible nos días previstos", constatou Caballero, quen informou de que se "aprazarán" as celebracións, tanto as representacións, como a actividade de mercadillo e animación de rúa, a ofrenda aos heroes da Reconquista (que se fai cada ano na Praza da Independencia) e a gala de entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos.
Este adiamento súmase á suspensión e/ou atraso doutros eventos en Vigo, como o certame de danza Vigo Porté 2020, o salón MotorOcasión, ou a programación cultural tanto do Concello como doutras institucións, salas de teatro ou concertos, etc.