Álvaro Ballesteros - Europa Press
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -
As choivas regresaron a Galicia este domingo e irán gañando en intensidade cara á noite, o que activará avisos amarelos por acumulacións superiores a 40 litros por metro cadrado (l/m2), principalmente nas comarcas de Eume e Betanzos. Ao mesmo tempo, o temporal costeiro tamén porá en alerta á metade norte.
Este é o prognóstico de Meteogalicia para este domingo, que transcorrerá entre as altas e baixas presións e con ventos húmidos do suroeste, que deixarán un ceo moi nubrado con choivas débiles. As precipitacións serán máis insistentes no oeste e aumentrán en intensidade segundo avance o día.
A Axencia Estatal de Metereología (Aemet) estende o aviso ao oeste e suroeste da mesma provincia e ao interior de Pontevedra. Pola súa banda, alertou de que a precipitación acumulada en 12 horas pode alcanzar os 60 milímetros.
Así mesmo, as alertas amarelas marcadas polo servizo autonómico abarcan outros fenómenos metereológicos e zonas do territorio. Na Mariña, haberá refachos superiores ao 80 km/h nas zonas altas da comarca desde as 06.00 horas.
Ademais, a metade norte de Galicia estará vivirá o temporal costeiro. O noroeste da Coruña e na Mariña están en risco amarelo desde as 09.00 horas por vento do suroeste, con intervalos de forza 7. Máis tarde, desde as 18.00 horas, no noroeste da Coruña e Costa da Morte haberá ondas de catro metros.