As Rías Baixas estarán este domingo en aviso amarelo por temporal costeiro

Archivo - Arquivo - O mar con ondas polo temporal, a 5 de novembro de 2023, no Grove, Pontevedra, Galicia (España).
Elena Fernández - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 31 mayo 2025 11:26

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 May. (EUROPA PRESS) -

   As Rías Baixas activan este domingo o aviso amarelo por temporal costeiro, por vento forte do norte entre Louro e cabo Silleiro en mar aberto.

   Segundo MeteoGalicia, o aviso comezará ás 15.00 horas da xornada dominical e finalizará a medianoite, ao esperarse vento norte de forza sete en mar aberto.

    Así, durante esa xornada iranse retirando as altas presións cara ao leste da Península Ibérica. Por iso, haberá máis nubes na metade norte, con algunha choiva débil na Mariña, e os ceos máis abertos no resto de Galicia.

    As temperaturas terán un lixeiro moderado descenso, especialmente as máximas, e o vento será do norte-nordés moderados, con xeiras fortes na franxa atlántica pola tarde.

Contenido patrocinado