PONTEVEDRA 10 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Garda Civil confirmou que, até o momento, ascenden xa a 12 as denuncias presentadas por mulleres en Silleda (Pontevedra) pola divulgación de fotos falsas de espidos, xeradas por IA.
Así o trasladaron fontes da Comandancia de Pontevedra, que matizaron que, polo momento, non se investiga a ninguén como autor ou autores da elaboración desas imaxes. O Equipo de Delitos Telemáticos fíxose cargo das pescudas.
Con todo, é previsible que o número de denuncias aumente nas próximas horas, xa que a investigación está aberta e a Garda Civil continúa tomando declaración ás supostas vítimas.