Atrasos nos exames das oposicións ao Sergas polas retencións de tráfico na AP-53

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 25 junio 2023 11:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Os exames das oposicións á categoría de Enfermaría do Servizo Galego de Saúde (Sergas), previstas para as 10,00 deste domingo no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), atrasáronse debido ás retencións de tráfico na AP-53.

   As retencións comezaron á primeira hora da mañá, superando o tres quilómetros e con algo máis dunha hora de espera.

   Debido a isto, o Sergas enviou unha mensaxe tranquilizando aos examinados e informando de que as portas de acceso ás probas non se pecharían ata que finalizasen as retencións. Ás 11,00 horas, aínda había participantes accedendo ao recinto.

   A este proceso selectivo concorren ao redor de 10.000 aspirantes para 1.556 prazas, das que a gran maioría (1.135) son de acceso libre.

   Haberá outras 332 vacantes por promoción interna e 89 reservadas para persoas con discapacidade.

   Monbus habilitou un total de nove servizos especiais de autocares que sairán desde distintos puntos da Comunidade.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado