SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Jul. (EUROPA PRESS) -
XUNTA
-- 14.00 horas: En Moraña (Pontevedra), o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e o de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asisten á LVI Festa do Carneiro ao Espeto. Asiste tamén o presidente da Deputación, Luís López. Só gráficos. Carballeira de Santa Lucía.
ECONOMÍA-LABORAL
-- 10.00 horas: En Viveiro (Lugo), a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asiste á festividade da Virxe do Carmen, pola confraría de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro. Só gráficos. Sede da confraría. // 15.30 horas: En Ribeira (A Coruña), participa na XXVI Festa do Percebe. Porto de Aguiño.
-- 12.00 horas: En Cambados (Pontevedra), a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visita unha estación de servizo onde xa se pode retirar diñeiro en efectivo. Estación Cepsa (avenida de Vilagarcía, 89). // 13.00 horas: En Sanxenxo (Pontevedra), visita o Portonovo Market. Paseo de Portonovo.
-- 20.15 horas: En Carral (A Coruña), o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asiste á entrega de medallas do XXVI Campionato Galego de Doma Clásica. Centro Ecuestre Leira Agrigosa.
SOCIEDADE
-- 12.00 horas: En Redondela (Pontevedra), concentración en contra de converter San Simón nun "parque temático", impulsada polo Colectivo Republicano de Redondela. Praia de Cesantes.
CULTURA
-- A partir das 12.00 horas: En Santiago, TradFest, en diferentes puntos da cidade. Ás 21.30 horas, na Praza da Quintana, concertos de Tres Pesos e Baiuca.
-- 12.30 horas: En Vigo, concerto de Helena Egea dentro da celebración do centenario da doazón á cidade do Pazo de Castrelos. Exterior do Pazo.
LOCAL
-- De 10.00 horas a 15.00 horas: Na Coruña, Mercado Ecolóxico, con taller sobre desperdicios e concerto de Mamen Bazarra. Praza da Tolerancia.
-- 11.30 horas: En Santiago, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, participan na apertura do TradFest, que arrinca con 'Conversa con... Antón Santamarina'. Museo do Pobo Galego.
-- 13.00 horas: En Vigo, o alcalde, Abel Caballero, asiste á entrega dos premios do XXXVII Torneo de Cidade de Vigo de Petanca e Chave. Asociación Cultural e Deportiva Xestas. A continuación, visita a 40ª Festa do Socio dá SCD Atlántida de Matamá. Parque forestal de Maruxento. // 14.00 horas: Saúda na comida organizada polo colexio Apóstolo Santiago. Hotel Coia. // 21.30 horas: Participa na calusura da Festa da Cultura, co concerto do grupo folk Abóbriga. Porta do Sol.
-- 19.30 horas: Na Lama (Pontevedra), o presidente da Deputación, Luís López, inaugura a rúa Jorge Canda.