O BNG esixe que se endureza a lexislación por delito ecolóxico

Pide a transferencia a Galicia da seguridade marítima, loita contra a contaminación e salvamento

Olaia Fernández Davila y Rosana Pérez, diputadas del BNG
CONGRESO
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 22:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Nov. (EUROPA PRESS) -

A voceiro do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e a deputada Rosana Pérez presentaron unha proposición non de lei no Congreso e unha iniciativa parlamentaria para demandar ao Goberno que endureza a lexislación en materia de delito ecolóxico "co fin de evitar que catástrofes como a do Prestige se poidan saldar sen indemnización económica ningunha".

Esta petición chega tras a sentenza, dada a coñecer esta semana, que absolve o capitán do 'Prestige', Apostolos Mangouras; ao xefe de máquinas do buque, Nikolaos Argyropoulos; e ao exdirector xeral da Mariña Mercante José Luis López-Sors dos delitos contra o medio que se lles imputaban.

Por iso, o BNG lamenta que "un delito ecolóxico desas dimensións nin sequera é obxecto dunha sentenza exemplar" por parte da Xustiza". Xunto a isto, censura que "non hai castigo para os autores da maior marea negra nin hai responsabilidades políticas pola errática e ineficaz xestión dun accidente que se agravou polas decisións adoptadas dende o Goberno central e a Xunta".

"Resulta que se percorre o camiño á inversa, o Prestige non ten custo ningún, salgue gratis, salvo para os galegos", proseguen na súa argumentación as parlamentarias. Ademais, denuncian que "os seus responsables quedan impunes" e "mesmo permite ao Goberno vangloriarse dunha actuación cuestionada dende todos os ámbitos".

Ao respecto, as deputadas nacionalistas avisan de que a catástrofe do Prestige, que encheu de chapapote as costas galegas, "demostrou as fraquezas en materia de seguridade do tráfico marítimo e a precariedade de medios para a loita contra a contaminación mariñar no corredor de Fisterra, un dos que máis tráfico rexistra". "A pesar da gravidade dos feitos, poderiamos afirmar que nada se avanzou", criticaron Davila e Rosana Pérez.

TRANSFERENCIAS

Así mesmo, o Bloque pide ao Executivo central a transferencia á Xunta das competencias en materia de seguridade marítima, tanto en normativas como de execución, que inclúan o control e a inspección de barcos. Todo iso, co obxectivo de poder aplicar unha política preventiva propia en relación ao transporte de mercadorías perigosas.

Deste modo, reclama o traspaso ao Goberno galego das competencias en materias como salvamento marítimo e a loita contra a contaminación mariña.

Sobre esta cuestión, o BNG deixa claro que esta petición de transferencias "non é froito dun capricho, é produto dunha mala experiencia, nefasta" no acontecido durante a crise do Prestige.

Contenido patrocinado