Calvo Sotelo faleceu este mediodía de "forma inesperada" e será enterrado en Ribadeo

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 3 mayo 2008 16:51

MADRID 3 May. (EUROPA PRESS) -

O ex presidente do Goberno Leopoldo Calvo Sotelo faleceu hoxe ao redor das 12.00 horas de "forma inesperada", segundo explicou a Europa Press o seu fillo maior, Leopoldo.

Calvo Sotelo sufriu unha parada cardiorrespiratoria no seu domicilio de Pozuelo de Alarcón (Madrid) este mediodía, segundo detallou o seu fillo, quen destacou que o seu pai "non estaba enfermo".

O presidente do Goberno de 1981 a 1982 sufrira unha caída fai uns meses, da que non chegara a recuperarse na súa totalidade, e polo que se atopaba nun "delicado" estado de saúde.

O fillo maior de Leopoldo Calvo Sotelo tamén informou a Europa Press de que o enterro do ex presidente do Goberno terá lugar na localidade galega de Ribadeo.

Contenido patrocinado