Casares (PSdeG) crítica que Feijóo reclame medidas fronte á guerra que "apoia": "Non se pode sorber e soprar"

Destaca que Von der Leyen "rectificou" as súas palabras sobre o fin da orde mundial baseado en normas após "pasarse de freada"

O eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, xunto á deputada autonómica Silvia Longueira
PSDEG
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 13 marzo 2026 14:11

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, criticou que o líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, reclame ao Goberno medida para facer fronte ás consecuencias da guerra en Oriente medio que a súa formación e el mesmo "apoian". "En política non se pode sorber e soprar ao mesmo tempo", afirmou.

   Así se pronunciou ao ser preguntado este venres nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia xunto á deputada autonómica Silvia Longueira, na que censurou que Feijóo, que "directamente apoiou a guerra en Irán, o bombardeo de Estados Unidos en Irán, que trae como consecuencia esta subida dos prezos dos combustibles fósiles polo peche do estreito de Ormuz, agora reclame medidas".

   "É dicir, ademais de ser parte do problema, agora quere solucións a consecuencias dos problemas que lles apoian", insistiu Nicolás González Casares, que asegurou "non entender como dereita e ultradereita están a favor dunha guerra ilegal" cuxo rexeito "xa é un clamor en Europa.

   Así mesmo, despois de lembrar que o Goberno de Sánchez xa anunciou a posta en marcha de medidas, censurou tamén que o Partido Popular pida "unha baixada xeneralizada de impostos" para que despois "os dos cárteles fósiles aproveiten esa baixada de impostos para facer máis beneficio".

    "A quen serven as iniciativas do PP? Á cidadanía ou aos intereses privados de quen se están lucrando con esta guerra?", preguntou González Casares.

"RECTIFICACIÓN" DE URSULA VON DER LEYEN

   Na rolda de prensa e preguntado polo posicionamento trasladado pola presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, en relación á guerra, González Casares sostivo que acaba de "rectificar" as súas palabras nas que declarou o fin da orde mundial baseado en regras. "Rectificou o mércores no pleno do Parlamento Europeo e nós agradecemos esas palabras", manifestou.

   E é que, na súa opinión, o que fixo Von der Leyen foi "unha usurpación de competencias" tendo en conta que ela "non" as ten para "facerse a voz de Europa no ámbito internacional". "As competencias están claramente na alta representante e no presidente do Consello, Antonio Costa", afirmou.

   Así, sostivo que Costa "foi moi claro" e trasladou que "Europa cre nun mundo baseado en regras, cre no dereito internacional e cre no multilateralismo". "Porque estas son as nosas fortalezas", sostivo.

   "Por tanto, a señora Von der Leyen pasouse de freada, rectificou e foi rectificada e esperemos que iso non mine máis a confianza na presidenta da Comisión Europea, porque nós defendemos unha presidencia forte e cunha voz unificada", ha indicido.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado