A CIG-Ensino reclama a derrogación do decreto do plurilingüismo

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 22 noviembre 2012 21:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA 22 Nov. (EUROPA PRESS) -

A CIG-Ensino reclamou a derrogación do decreto do plurilingüismo a raíz da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula parcialmente esta norma, no relativo á consulta ás familias sobre o idioma en Educación Infantil e o uso por parte do alumnado da lingua da súa preferencia na aula.

Nun comunicado, a CIG considera que esta decisión "é unha proba máis" de que a norma "debe ser derrogada" e que a Xunta debe retornar á senda marcada polo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. "É un elemento máis que evidencia que este decreto nunca se debeu publicar", sinalan.

Así mesmo, recordan que este fallo xudicial súmase ás denuncias que a sociedade galega protagonizou en contra deste decreto, "pensado e imposto" para reducir a presenza do galego nos centros educativos.

Contenido patrocinado