Condenan á TVG a rectificar no Telexornal unha noticia errónea sobre a ausencia do BNG nun acto de Castelao

Archivo - Arquivo - O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo
CAPTURA (PARLAMENTO DE GALICIA) - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 27 febrero 2025 13:20

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O xulgado de primeira instancia número 5 de Santiago de Compostela condenou ao director da Corporación Radio Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, a rectificar no Telexornal unha noticia errónea emitida o pasado mes de xaneiro na que aseguraban que o BNG non enviara representación a un acto organizado pola Xunta e a Fundación Castelao con motivo do inicio do 'Ano Castelao'.

   A sentenza, asinada o martes 25 de febreiro e que foi difundida este xoves, dá a razón ao Bloque na súa demanda contra o ente público ao reconcer que ten dereito a que a información sexa rectificadad dentro dos seus espazos informativos, pois ve insuficiente a mensaxe publicada en redes sociais da TVG na que recoñecían o erro.

   "Non pode atribuírse relevancia semellante a un comunicado efectuado a través das redes sociais xa que nin ten o mesmo formato nin a difusión que poida alcanzar un espazo audiovisual e tampouco poden compararse os destinatarios da información", subliña a sala.

   O fallo obriga á CRTVG a emitir a rectificación no Telexornal Mediodía (mesmo espazo onde foi emitida a noticia) nun prazo de tres días unha vez sexa asine a condena, que non o é aínda ao caber recurso de apelación contra a sentenza.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado