Confrarías de Pontevedra piden a exención temporal das cotas da Seguridade Social para mariscadores a pé

Cheas de cunchas e marisco morto, na praia de Testal, a 18 de marzo de 2026, en Noia, A Coruña, Galicia (España).
Elena Fernández - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 30 marzo 2026 13:41

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra pediu ao Instituto Social da Mariña (ISM) a exención temporal de cotas da Seguridade Social para o sector do marisqueo a pé despois de que a Consellería do Mar suspendese temporalmente os plans de xestión ante a elevada mortaldade de marisco por causas dos temporais deste inverno.

    Nun comunicado, a Federación de Confrarías avanzou que trasladou á Dirección Xeral do Instituto Social da Mariña, a "enorme preocupación" do sector marisqueiro galego.

   No escrito, dirixido á directora ISM, Elena Martínez Carqués, as Confrarías remarcaron que a actividade marisqueira "é clave" para a economía dos municipios costeiros de Galicia e é o "sustento de moitas familias".

    "A pesar desta inactividade forzada, para nada imputable ao sector extractivo, a maioría das mariscadoras deben seguir pagando as súas cotas mensuais á Seguridade Social a través do Réxime Especial dos Traballadores do Mar, excepto aquelas que teñan a opción de poder acceder á prestación por cesamento de actividade para autónomos", recalaron as Confrarías nun comunicado.

    Por iso, demandaron ante o ISM a implmentación dunha exención das cotas da Seguridade Social para os profesionais do marisqueo a pé, cuxos plans de xestión foron paralizados ou adaptados pola Consellería do Mar e, ao mesmo tempo, ás que non teñan dereito de acceder á prestación por cesamento de actividade.

    Os mariscadores consideran que esta é "sen dúbida unha medida xusta e razoable" que axudaría a "aliviar a carga económica e garantiría a protección social dun colectivo especialmente sensible e vulnerable, durante esta suspensión da súa actividade profesional".

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado