CORR.- Mobilizan a unha ambulancia en Ribadavia (Ourense) pola caída dun home dende unha altura de tres metros

(Esta información substitúe a anterior sobre o mesmo tema por un erro na fonte informante)

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 20 abril 2012 14:09

OURENSE, 20 (EUROPA PRESS)

A caída dun home duns 39 anos dende unha altura de tres metros mobilizou a unha ambulancia na localidade ourensana de Ribadavia a pasada madrugada, segundo informan a Europa Press fontes do 112.

Un particular deu o aviso ao servizo de emerxencias ás 2.24 horas de que un neno caera dende unha altura de tres metros na rúa Trasmesones, no número 12.

Non obstante, o tenente de alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, confirmou a Europa Press que o ferido, que presenta mazaduras, é un veciño da localidade duns 39 anos que se atopaba na terraza do café-bar Aljama cando se precipitou dende uns tres metros de altura.

Ata o lugar foron enviados efectivos sanitarios de Urxencias Médicas, que comunicaron o 112 que se podía acceder ao punto do incidente sen dificultade.

De igual modo, fontes de Protección Civil de Ribadavia apuntan que non foi requirida a súa intervención pois non era preciso rescatar a persoa, que foi trasladada a un centro hospitalario.

Contenido patrocinado