Un corzo provoca un accidente na autoestrada AG-57 en Baiona (Pontevedra), pero non houbo feridos

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 3 noviembre 2010 12:29

VIGO 3 Nov. (EUROPA PRESS) -

Un corzo que se cruzou na autoestrada do Val Miñor, a AG-57, provocou na noite do martes un accidente de tráfico no municipio de Baiona (Pontevedra), que se saldou sen feridos, pero o animal morreu tras ser atropelado.

Ás 23.25 horas un particular chamou ao 112 para avisar de que tivera un accidente no quilómetro 6,5 da AG-57 dirección Vigo, ao seu paso polo lugar de Sabarís, no termo municipal de Baiona, segundo informou o servizo de emerxencias a Europa Press.

O condutor indicou que, se ben el non resultara ferido, ao atropelar ao corzo o seu vehículo sufrira danos. Foron mobilizados a Guardia Civil de Tráfico e o Centro de Xestión de Autoestradas, así como medios de limpeza da vía e para retirar o animal morto.

Posteriormente, segundo indicou o 112, outros dous vehículos, segundo o alertante, chocaron co animal que estaba tirado no medio da vía antes de que fose retirado.

Contenido patrocinado