SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Ene. (EUROPA PRESS) -
O párroco do municipio pontevedrés de Cuntis convocou un "acto de desagravio" ao Sagrado Corazón de Xesús tras a "ofensa" da presentadora Laura Yustres, coñecida como Lalachus, durante as badaladas de TVE.
En concreto, a polémica débese a unha estampa modificada do Sacro Corazón de Jesús, onde en lugar da cara de Xesucristo aparecía a da vaquilla do programa Grand Prix de RTVE e que a presentadora mostrou á cámara durante a emisión do programa.
Por iso, mediante un comunicado en redes sociais, o cura convocou para este venres, ao finalizar a misa das 19.30 horas, un "acto de desagravio" ao Corazón de Xesús.
Ademais, a Fundación Española de Abogados Cristianos presentou unha denuncia contra o presidente de RTVE, José Pablo López, e Lalachus, por posibles delitos de odio e contra os sentimentos relixiosos.