1079712.1.260.149.20260420155759
Ameixas intervidas a un mariscador furtivo no litoral de Teis, en Vigo. - POLICÍA LOCAL DE VIGO
VIGO 20 Abr. (EUROPA PRESS) -
Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos, que estaban a extraer ameixa de forma ilegal en areais da parroquia de Teis, e que foron sorprendidos dúas noites consecutivas.
Segundo informaron fontes policiais, axentes da unidade de drones (Fénix) realizaron o pasado xoves pola noite un operativo de vixilancia na das praias de ETEA e Ríos. Alí, aproveitando as mareas e as fases lunares, había dous homes extraendo ameixas, que foron detectados grazas ás cámaras térmicas.
O primeiro deles, C.C.B, de 55 anos de idade, ao ser sorprendido, arroxou apresuradamente un cubo coas capturas cara a unha zona afastada da beira. Ao operativo sumouse a Policía Autonómica, que tivo apoio da unidade Fénix para localizar ao furtivo.
Pouco despois, foi localizado na zona outro home, xa coñecido pola Policía polos seus antecedentes como furtivo, J.A.F.M., de 55 anos de idade, que tamén estaba a extraer ameixas.
As dilixencias realizadas foron remitidas á Consellería do Mar por parte da Policía Autonómica, que propuxo a ambos os homes para sanción.
A seguinte actuación tivo lugar na noite seguinte, na zona mesma zona. Alí, a Policía Local volveu detectar a presenza dun home mariscando ilegalmente na praia de Ríos de Fóra. Cando abandonaba o lugar, foi interceptado polos axentes e, ao identificalo, resultou ser un dos homes (C.C.B.) denunciado o día anterior.
Momentos despois, foi sorprendido outro home, tamén realizando actividade furtiva. Tratábase do outro home que tamén fora identificado a noite anterior, J.A.F.M., que levaba un capazo con ameixas. De novo ambos foron denunciados e os bivalbos devoltos ao mar.