Descobren unha nova especie de verme plano en augas da ría de Arousa

Encontrada Una Especie Animal Desconocida En Aguas Gallegas
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 29 abril 2014 20:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Membros do Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM) descubren en augas da ría de Arousa un animal descoñecido para a ciencia, un verme plano de "rechamante" cor amarela, que foi bautizado como 'Euryleptodes galikias' en honra a Galicia.

   Nun comunicado, o GEMM explicou que o achado foi publicado na revista científica Zookeys. O animal, que é un tipo de planaria --nome que se dá a estes vermes planos--, mide uns tres centímetros de lonxitude.

   A 'Euryleptodes galikias' foi descuberta nas inmediacións do Club Náutico de Ribeira, indica o GEMM, que resalta que no artigo da revista científica se mencionan nove especies de vermes planos mariños que foron localizados por primeira vez en augas galegas. Nalgúns casos, agregou, é a primeira vez que se atopan na costa atlántica peninsular.

   O traballo é o primeiro dunha serie que se están a desenvolver en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid, cos que se pretende dar a coñecer novos datos doutras especies pertencentes a este grupo taxonómico.

Contenido patrocinado