Detidas cinco persoas nun operativo contra o crime organizado en varios puntos da provincia da Coruña

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 28 octubre 2026 15:20

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Oct. (EUROPA PRESS) -

   A Garda Civil, Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira levaron a cabo un operativo contra o crime organizado en varias localidades da provincia da Coruña e detiveron, polo menos, a cinco persoas.

   Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press, que detallaron que o operativo tivo lugar na xornada do martes e producíronse varios rexistros en diferentes domicilios, algúns deles en Narón.

   Os detidos está previsto que pasen a disposición xudicial este xoves na praza 3 do Tribunal de Instancia de Betanzos. A operación sigue aberta e baixo secreto de sumario.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado