Detido un médico en Vilagarcía por unha suposta agresión sexual a unha muller nunha consulta

Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 8 enero 2026 10:24

SANTIAGO DE COMPOSTELA 8 Ene. (EUROPA PRESS) -

Un médico foi detido en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) pola Policía Nacional como presunto autor dunha agresión sexual a unha muller nova, segundo confirmaron fontes policiais.

As mesmas fontes explicaron que a detención se produciu na tarde deste mércores, por mor da presentación dunha denuncia por uns feitos que ocorreron nunha consulta dunha clínica do centro de Vilagarcía.

O médico foi trasladado a dependencias policiais e interrogado, após o que quedou en liberdade, á espera de ser citado polo xulgado. A Policía, que mantén a investigación aberta e segue instruíndo dilixencias, non descarta que se poidan presentar novas denuncias.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o investigado aínda non compareceu en sede xudicial e que, de feito, o tribunal está á espera de recibir o atestado.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado