Un dos detidos pola pelexa da praza de Barcelos, en Pontevedra, incendia a súa cela no cárcere da Lama

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 2 julio 2025 15:23

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un dos detidos pola súa participación na pelexa, do 3 de xuño, na praza de Barcelos e na que resultaron feridas por arma branca varias persoas, provocou un incendio na súa cela no centro penal da Lama.

   Segundo informou o sindicato Acaip-UXT, este recluso plantou lume ás súas roupas e a un colchón dentro da cela xerando unha "densa fumareda tóxica" que puxo en situación de "grave risco" tanto a súa integridade física como a do resto dos seus compañeiros e funcionarios.

   A galería na que se atopa a cela tivo que ser desaloxada e o incidente resolveuse sen danos persoais debido á rápida intervención dos funcionarios de servizo, segundo detallaron os representantes sindicais de Acaip-UXT.

   O causante do incendio foi trasladado ao departamento de illamento onde lanzou unha puñada á cara dun dos funcionarios cando realizaba o rexistro regulamentario.

   O detido é un home, de orixe colombiana, está considerado como recluído moi perigoso e atópase en prisión provisional investigado por lesións graves e homicidio en grao de tentativa.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado