Dous incendios queiman o baixo dunha casa en Arteixo e unha caseta de almacenamento nun parque eólico de Vimianzo

Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 17 diciembre 2020 9:55

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Dic. (EUROPA PRESS) -

   Dous incendios rexistrados na noite do mércores deixaron danos no baixo dunha casa en Arteixo (A Coruña) e nunha caseta usada para almacenar material nun parque eólico de Vimianzo (A Coruña).

   De ambos os sucesos informa o CIAE 112 na mañá deste xoves. O primeiro dos incidentes tivo lugar ás 20,00 horas na rúa Choupana de Arteixo, onde se orixinou un incendio polo mal funcionamento dun quentador de auga.

   As chamas queimaron un coche, unha moto, colchóns e ferramentas que se atopaban no baixo onde se produciu o incendio, que foi sufocado polos efectivos dos bombeiros de Arteixo e de Carballo.

   Máis tarde, ao fío das 22,00 horas, os bombeiros de Cee desprazáronse ao parque eólico de Monte Redondo, en Vimianzo, para actuar ante outro incendio, neste caso declarado nunha caseta na que se almancenaban baterías e condensadores.

   Os propios empregados do parque guiaron aos efectivos dos bombeiros para chegar ao lugar do incidente, que se atopa nunha zona de difícil acceso. Unha vez alí, o incendio quedou sufocado e extinguido ao redor das 01,00 horas da madrugada do xoves.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado