Dous mortos e un ferido grave nun accidente de tráfico en Dumbría (A Coruña)

Archivo - Arquivo - 112, axega
112 - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 14 agosto 2024 18:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Ago. (EUROPA PRESS) -

Dúas persoas faleceron e unha resultou ferida grave nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores no municipio coruñés de Dumbría.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o sinistro tivo lugar pasadas as 16.00 horas no kilometro 78 da AC-552, ao seu paso por Berdeogás, onde chocaron un camión que transportaba madeira e un coche.

Dos tres ocupantes do turismo, dous faleceron no lugar do accidente e un foi trasladado en estado grave. O condutor do camión resultou ileso.

No operativo paraticiparon persoal sanitario do 061-Galicia, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e persoal de Protección Civil.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado