Educación destina máis de 157.300 euros ao cambio da cuberta do CEIP Nosa Señora das Dores, en Forcarei (Pontevedra)

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 4 junio 2010 22:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria destinará máis de 157.300 euros ao cambio da cuberta de CEIP Nosa Señora das Dores en Forcarei, Pontevedra, ao tratarse "dunha necesidade moi demandada" pola comunidade escolar deste colexio e un compromiso do titular do departamento autonómico, Jesús Vázquez, durante a súa visita ás instalacións en outubro de 2009.

As obras de reforma empezarán a executarse unha vez remate o curso escolar, co fin de non interferir no desenvolvemento habitual das actividades lectivas e para que a cuberta estea lista no próximo curso académico.

Así mesmo, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria realizou a longo desta mañá unha visita ás instalacións de distintos centros da provincia de Lugo, nos que a Administración galega ten presupostados preto de 600.000 euros en diversas obras.

Contenido patrocinado