Esclarecen dous incendios en Ourense que ocasionaron faíscas do tren e da liña eléctrica

Un dos incendios esclarecidos, en Taboadela (Ourense)
REMITIDA
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 10 agosto 2018 12:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Ago. (EUROPA PRESS) -

Axentes ambientais do distrito forestal XII na provincia de Ourense resolveron as causas de dous incendios rexistrados os pasados días 15 de xullo e 7 de agosto, en Taboadela e en Cartelle, respectivamente. No primeiro dos casos, foron as faíscas do tren as que provocaron o lume, mentres que no segundo, debeuse á liña eléctrica.

Segundo fontes deste servizo consultadas por Europa Press, o incendio de Taboadela debeuse a "neglixencias", xa que os freos do tren estaban "en mal estado". As marxes da vía tiñan herba seca, debido ao herbicida aplicado. Neste punto arderon 0,04 hectáreas de matogueira.

No segundo dos casos, en Cartelle, este martes 7 de agosto, unha liña eléctrica foi a causante doutro lume que calcinou 0,45 hectáreas de arboledo.

A investigación desenvolveuse mediante a aplicación do método das evidencias físicas e após ela os resultados serán postos en coñecemento da xustiza, apuntan as mesmas fontes.

POTENCIAR As BIIF

Por outra banda, os axentes ambientais reclaman unha das 30 medidas que o presidente da Xunta anunciou após a vaga de incendios do pasado outubro, a de potenciar as BIIF (brigadas de investigación de incendios forestais) con tres compoñentes, "algo que --critican-- até a data non sucedeu".

Tamén esperan ter unha "pronta inclusión" nas relacións de postos de traballo da Consellería de Medio Rural e que se lles dote de "medios acordes ao seu labor".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado