A escultura 'A Santa', de Asorey, será trasladada de Uruguai a Galicia e exposta de forma permanente en Santiago

A peza foi adquirida en 2022 pola Xunta e, aínda que este tempo foi exposta en Montevideo, agora poderá verse na Cidade da Cultura

Archivo - 'A Santa', De Francisco Asorey, Será Exposta De Forma Permanente Na Cidade da Cultura, En Santiago de Compostela.
XUNTA DE GALICIA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 26 julio 2026 13:03

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta decidiu trasladar do Uruguai a Galicia a escultura 'A Santa', realizada por Francisco Asorey, coincidindo co centenario da súa creación. A partir de agora, a peza, que pasou máis de sete décadas en Montevideo, poderá verse de forma permanente na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

   O anuncio realizouno este domingo o Goberno galego, propietario da escultura desde 2022. Esta está considera "unha das obras chaves" na traxectoria de Asorey e tamén "unha das pezas máis relevantes da escultura galega do século XX", segundo destacou a Consellería de Cultura. Así mesmo, enxalzouna como un ben cultural "fundamental" da memoria artística e emigración galega.

   Tras a súa presentación, no ano 1926 na Exposición Nacional de Belas Artes en Madrid, a peza foi adquirida en 1951 pola colectividade galega emigrante en Montevideo, onde estaba exposta até este momento. En 2022, a Xunta adquiriu a figura no proceso concursal da Casa Galicia en Montevideo, dentro do que comprou boa parte dos bens que albergaba.

   Nese momento, a Administración autonómica acordou co Goberno de Uruguai que a peza pasase a exhibirse no Museo Zorrilla. "Con todo, os últimos cambios no relato expositivo desta institución e a reorganización da súa colección motivan agora o seu traslado a Galicia para garantir a idónea contextualización, estudo e contemplación da obra por parte do público", explicou o departamento autonómico.

   A peza xa puido verse en Santiago con motivo da exposición 'Galicia, un relato no mundo', que sumou máis de 46.000 visitas na Cidade da Cultura, o seu futuro fogar. O seu retorno é posible grazas á "estreita colaboración institucional" entre a Xunta de Galicia, o Goberno do Uruguai e a dirección do Museo Zorrilla, co apoio das colectividades galegas na diáspora.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado