SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado o incendio forestal que se iniciou este luns, ás 17,54 horas, na parroquia de Tronceda, no municipio ourensán de Castro Caldelas.
Segundo fontes da Consellería consultadas por Europa Press, o incendio, que quedou estabilizado ás 00,50 horas, calcinou tres hectáreas de, entre outras cousas, matogueira e piñeiro.
Para o operativo de extinción mobilizouse un técnico, seis axentes, 14 brigadas, oito motobombas, unha pa, catro avións e catro helicópteros.