Carlos Castro - Europa Press
PONTEVEDRA, 18 Sep. (EUROPA PRESS) -
A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Silleda, na parroquia de Oleiros, está estabilizado desde as 19.17 horas deste venres.
O lume iniciouse ás 22.49 horas deste xoves e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de 60 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse até o momento 14 axentes, 19 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 2 técnicos, 3 avións e 3 helicópteros.
En declaracións a Europa Press, a alcaldesa, Paula Fernández, explicou que o lume se atopa na contorna do xacemento de petróglifos de Chao de Petos, no monte de Castro Montaz, polo que "haberá que o nivel de afectación" a esta valiosa zona arqueolóxica.