Evacúan a un centro hospitalario a un menor en Cangas (Pontevedra) que se cravou o guiador da súa bicicleta nunha ingua

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 23 julio 2010 22:12

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

Un menor tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras cravarse un guiador da súa bicicleta nunha ingua ao sufrir unha caída na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo.

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112, o suceso produciuse sobre as 14.32 horas, á altura do número 7 da Rúa dos Piñeiros, na citada localidade pontevedresa.

Como consecuencia da caída, o rapaz cravouse o guiador da súa bicicleta nunha ingua, pero o equipo sanitario que acudiu ao punto comprobou nun primeiro exame que non afectara a femoral.

Ao lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil e do 061, así como tamén foron avisados os bombeiros de O Morrazo para que acudisen cun equipo de excarceración, posto que houbo que cortar a bicicleta para rescatar o rapaz.

Non obstante, finalmente os axentes de Protección Civil lograron separar o guiador da vítima, que foi atendida polo médico do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cangas e, posteriormente, trasladado a un centro hospitalario.

Contenido patrocinado