SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 May. (EUROPA PRESS) -
Unha persona tivo que ser excarcerada e resultou ferida tras un accidente de tráfico na LU-862, ao seu paso pola parroquia de Suegos, no concello do Vicedo.
Segundo informa o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 17.15 horas deste sábado e foron os efectivos de Protección Civil os que deron a voz de alarma.
Até o punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros e a Garda Civil. A persona após ser liberada foi trasldada en ambulancia ao centro hospitalario. Ademais, outra persona resultou ferida e necesitou asistencia sanitaria.