Rosa Veiga - Europa Press
LUGO 16 Jul. (EUROPA PRESS) -
O incendio do municipio de Ribas de Sil (Lugo), parroquia de Soutordei, quedou extinguido durante a noite do pasado mércores após arrasar unhas 190 hectáreas.
O lume iniciouse na tarde do pasado sábado, 11 de xullo. Foi necesario declarar a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha medida operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo. Así, quedou extinguido ás 23,04 horas do 15 de xullo.
Das 190 hectáreas queimadas no seu conxunto, 133 foron monte raso e os 57 restantes, arborado, segundo informa a Consellería do Medio Rural este xoves.
Nas tarefas de extinción traballaron de forma acumulada: nove helicópteros, oito avións, 47 motobombas, 65 brigadas, 45 axentes, oito técnicos e catro pas.