Falece Antón Cabaleiro, unha das voces do grupo Treixadura

Publicado: sábado, 29 octubre 2022 19:59

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O grupo de música tradicional galega Treixadura chora a morte de Antón Cabaleiro, unha das súas voces e membro do orfeón da formación fundada na localidade pontevedresa de Redondela en 1990.

   Os seus compañeiros despídeno na páxina de Facebook do grupo dando "grazas á vida" por ofrecerlles a compañía "dun home tan entrañable" e por permitirlles "gozar de tantas horas de viaxes, de anécdotas" e da súa "calor".

   "Sentímonos orgullosos de ti, que es parte dos bos e xenerosos. Seguimos o noso camiño longo e e ti seguirás nel por, coa túa pandereita, co teu canto amable, coa túa tenrura e gratitude, e sorrindo para todos nós. Xunto a Morgan e Mingos Lorenzo, o ceo ten o seu particular orfeón", destacou Treixadura.

   Así mesmo, tamén sinalou que "chorarán" a súa ausencia co "Vento das Cíes e Froles Mareliñas" e honrarán á súa memoria coa súa música.

   "Sabemos que o teu desexo é que sigamos alegrando á familia Treixadura e compartiremos o futuro contigo, sempre nos nosos corazóns", conclúe o comunicado da formación: "Querémoste e quererémoste para sempre. Grazas por todo, amigo".