Falece un home de 73 anos en Gondomar (Pontevedra) após sufrir un accidente de tractor

Archivo - Arquivo - Furgoneta do 112 Galicia.
XUNTA - Archivo
Publicado: viernes, 24 mayo 2024 14:19

VIGO, 24 May. (EUROPA PRESS) -

Un home, J.D.F. de 73 anos de idade, perdeu a vida na mañá deste venres en Gondomar (Pontevedra) após sufrir un accidente de tractor.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 11.00 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, explicando que a vítima estaba atrapada e sen signos vitais.

En concreto, o sinistro produciuse no lugar de Galisteo, na parroquia de Mañufe. Até alí desprazouse unha ambulancia de servizo vital básico do 061, medicalizada co equipo sanitario de Atención Primaria, e os Bombeiros do Porriño.

Unha vez no punto, liberouse ao home, pero os sanitarios non puideron máis que confirmar a súa morte, sendo J.D.F. de 73 anos de idade, segundo fontes do 061 consultadas por Europa Press.

Contador