SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) convocou un minuto de silencio este venres ante as casas consistoriais de cada concello polas vítimas tras os dous terremotos de Venezuela.
"A forte vinculación que une a Galicia con Venezuela, terra de acollida de miles de galegos, fainos sentir esta traxedia especialmente próxima, por iso debemos manifestar publicamente noso pésame ás familias das vítimas e o noso apoio aos afectados", indicou a Fegamp nun comunicado.
Así as cousas, o acto terá lugar ás 12.00 horas e a Fegamp chamou a participar a todas as institucións, entidades, traballadores, cidadanía e veciños.