Ferido un bombeiro en Rábade (Lugo) ao sufrir un accidente mentres traballaba no polígono industrial da localidade

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 18 julio 2020 10:47

   LUGO, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un bombeiro foi evacuado polos servizos sanitarios a pasada noite despois de sufrir un accidente mentres traballaba no polígono industrial de Rábade (Lugo).

   Ao fío das 21,30 horas, unha chamada dos bombeiros de Vilalba daba a alerta ao 112 Galicia do accidente. A situación púxose en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil e Policía Local.

   O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia até un centro hospitalario.

Contenido patrocinado