SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 May. (EUROPA PRESS) -
Un mozo motorista resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na noite do luns tras caer da moto que conducía en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, un particular, pasadas as 22,00 horas do luns, solicitou a presenza das forzas da orde para un accidente de moto na Avenida de Cambados, preto do Centro Comercial de Vilagarcía.
O alertante indicou que estaban á espera dunha ambulancia para asistir ao motorista ferido. A partir de aí,o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil e os bombeiros tamén foron informados.
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao ferido, un menor de idade, ao Hospital do Salnés, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.