PONTEVEDRA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -
Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos faleceron na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés do Porriño.
Segundo informou a Garda Civil, o accidente tivo lugar ás 15,00 horas no quilómetro 2 da estrada PO510 e consistiu nunha colisión frontal entre dous vehículos.
Os dous falecidos, que tiveron que ser excarcerados, viaxaban nun dos turismos.
No outro circulaban un condutor e tres acompañantes que resultaron feridos graves e un deles foi evacuado en helicóptero.
Ao momento desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Baixo Miño, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e AVPC do Porriño.