O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo cumpre sete anos, nos que rexistrou 229.600 ingresos e 1,2 millóns de urxencias

O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo cumpre sete anos, nos que rexistrou 229.600 ingresos e 1,2 millóns de urxencias.
SERGAS
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 29 junio 2022 12:16


VIGO, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

Este mércores, 29 de xuño, fai sete anos que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo abría as súas portas para atender ao seu primeiro paciente. Desde entón, o centro hospitalario rexistrou máis de 229.600 ingresos, 83.400 cirurxías e 1,2 millóns de urxencias.

Entre outras cifras, tal como recolle o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, neste sete anos tamén se atenderon máis de 2,6 millóns de consultas externas e trouxéronse ao mundo 23.400 bebés.

"O que este hospital conseguiu nestes sete anos de funcionamento é algo moi inusual, superando todas as expectativas ao situarse á vangarda dos principais hospitais de España, onde xa se converteu nun referente nacional", reivindicou o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Segundo el, isto é froito da súa gran capacidade e, sobre todo, "do excelente traballo e compromiso dos profesionais". "Agora que o Álvaro Cunqueiro xa está consolidado, toca seguir avanzando, sendo o momento de afrontar novas actuacións para reforzar a súa funcionalidade", engadiu Puente.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado