Inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Seica', que repasa a obra do artista Xesús Carballido

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 15 septiembre 2021 18:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

A exposición 'Seica' de Xesús Carballido inaugurouse este mércores no Museo do Pobo Galego, onde se ofrece un percorrido polos primeiros anos de traballo do artista.

Á presentación asistiu o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que explicou que esta exposición reflicte a voz "singular e propia de Carballido, que soubo plasmar nas súas creacións a memoria emocional de toda unha xeración, elevando aquilo o cotián á categoría de obxecto artístico".

"Carballido é capaz de revitalizar o pasado para dar forma ao presente abrindo un diálogo que conecta ambos os marcos temporais", destacou Román Rodríguez.

A muesta do Museo do Pobo Galego reúne unha retrospectiva que permite descubrir a súa obra e comprobar como foi evolucionando ao longo dos anos. En total, a exposición está composta por máis dun cento de obras entre collages, ensamblajes, caixas e debuxos.

Tal e como detallou a Consellería nun comunicado, nos seus traballos, o autor sérvese de pequenos obxectos, "desde tipos de imprenta a ferros forxados, restos de xoias ou etiquetas de produtos comerciais" para conformar as súas pezas.

Carballido traballa "cunha linguaxe profundamente persoal, recuperando obxectos da vida cotiá para integralos e compor dunha maneira equilibrada unha nova obra de arte. "Son obxectos que xa non se utilizan e que adquiren vida propia dentro da peza, evocando recordos e ideas", sinalan.

Contenido patrocinado