A CORUÑA, 16 Dic. (EUROPA PRESS) -
A Garda Civil, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, incautouse este domingo de 229 quilos de cocaína nun barco que chegou ao porto exterior da Coruña, segundo informaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
Así o confirmou nun acto en Lonzas, na Comandancia da Coruña, lugar onde se trasladou a droga, con presenza de responsables deste Corpo e do Servizo Vixilancia Aduaneira.
A droga estaba distribuída en oito fardos e localizouse nun barco que, ademais da cocaína, transportaba fariña. O buque --'Energy Glory'-- é de bandeira panameña e a tripulación, filipina, incluído o capitán.
A investigación segue aberta e, polo momento, non hai detidos. O delegado do Goberno precisou tamén que a droga se localizou nos rexistros que se fan en barcos procedentes de "zonas sospeitosas" e situou esta operación na loita "incansable" contra o narcotráfico.