SANXENXO (PONTEVEDRA), 22 Abr. (EUROPA PRESS) -
Juan Carlos I chegou este sábado ao porto deportivo de Sanxenxo ao redor das 11,15 horas para arrincar a xornada de navegación, aínda que o inicio das regatas da Copa do Rei non está previsto até as 13,00 horas.
Pasadas as 11,00 horas, o ex monarca abandonaba a casa do seu anfitrión, Pedro Campos, que conducía o vehículo no que entraron directamente cara ao espigón do porto.
No asento do copiloto, o rei emérito saudou á prensa congregada nas inmediacións do club pero, un día máis, non fixo declaracións.
Esta é a terceira xornada na que o ex monarca sae a navegar, após a navegación truncada polo mal tempo deste venres e as algo máis de dúas horas e media que pasou a bordo do Bribón o xoves.