O Julio César pintado en Lugo por Diego As, recoñecido como o mellor mural urbano do mundo en 2021

O mural do emperador Julio César que loce nunha parede da Rolda da Muralla en Lugo foi elixido o mellor do mundo de 2021 polo portal Streetartcities.
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 14 febrero 2022 13:21

   LUGO, 14 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O mural do emperador Julio César que loce nunha parede da Rolda da Muralla en Lugo foi elixido o mellor do mundo de 2021 polo portal Streetartcities.

   É a imaxe de Julio César que se fixo sobre a parte lateral da fachada dun edifico no que se sitúan distintas oficinas administrativas do Goberno central, como a sede en Lugo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

   Diego Anido Seijas, o mozo gañador que se fai chamar artisticamente Diego As, mostrouse "moi feliz" con este recoñecemento, sobre todo "pola cidade" que, segundo destacou, "envorcouse de pleno con este mural".

   "Quero dar as grazas á cidade de Lugo, a todos os que me votaron para poder levar este mural a ser o mellor do mundo entre os cen que participaban", subliñou.

   O autor, que non oculta a súa "felicidade", aproveitou para agradecer tamén ao Concello de Lugo que impulsase a candidatura, ao Arde Lucus (a festa de recreación histórica do pasado romano de Lugo), así como aos artistas que concorreron. "Calquera deles podíase levar o premio", sinala.

   Diego As asegurou que isto supón "un paso cara adiante" na súa carreira. "Xa desde agosto que se proclamou o mellor dese mes notouse como que a xente quería apostar máis pola miña. Agora mesmo estou encerrado nun estudo tentando sacar proxectos para o verán", destacou.

Contenido patrocinado