Kiko Veneno volve a Galicia para presentar o documental 'Dame veneno, que relata a historia do seu grupo

Ofrecerá un concerto en Compostela, no cal interpretará os temas do novo recopilatorio 'échate un cantecito'

Rueda de prensa Kiko Veneno
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 20 noviembre 2012 19:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -

Kiko Veneno regresa a Santiago de Compostela para participar en Cineuropa e Compostela Rock, coa presentación do documental 'Dame veneno' e un concerto que se celebra o venres 23 na sala Capitol. Ademais, unha vez que remate a presentación do documental, o artista participará nunha mesa redonda, organizada pola SGAE.

O documental, que se presentará en 22 e o 23 de novembro, conta a historia de Kiko Veneno na súa época máis "salvaxe". Nunha rolda de prensa celebrada este martes, o artista declarou que era un grupo "fantasma" e "provocador", polo que existen poucos documentos gráficos da súa traxectoria e foi difícil realizar o documental, aínda que finalmente "se logrou recrear a época".

Por outro lado, o cantante declarou que este é un momento de celebración "moi querido" para el e para o seu grupo, xa que 'Échate un cantecito', o disco que lle permitiu vivir da música, acaba de cumprir 20 anos de vida. Por iso, no concerto que se ofrece este venres na capital galega escoitaranse, sobre todo, temas dese disco.

Así mesmo, afirmou que dende 'o cantecito', o grupo creou unha forma de facer cancións moi particular, converténdose "no ronsel" que seguiu durante estes 20 anos. Non obstante, contou que o seu próximo disco, que sairá á venda en febreiro, se sae un pouco deste ritmo.

"Con BOAS CANCIÓNS" PÓDESTE BUSCAR A VIDA

Tamén se posicionou en canto ao tema da pirataría musical, afirmando que con "boas cancións" calquera pode buscarse a vida "neste mundo". Neste sentido, revelou que o primeiro disco dos 'delincuentes' lle pareceu un traballo moi bo.

Para concluír a rolda de prensa, o director da SGAE en Galicia, Carlos Fasero, destacou que despois do concerto se celebrará a mesa redonda na que estará Kiko Veneno, o cal é totalmente gratuíta.

Ademais, informou que as entradas do concerto xa están á venda, a un prezo de 18 euros. Os boletos pódense adquirir nos portelos do teatro Principal e de A Reixa Tenda.

Contenido patrocinado