Luz verde ao decreto do currículo da educación infantil en Galicia adaptado á LOMLOE

Rueda destaca un inicio de curso con "bastante normalidade", a pesar de "algunhas protestas" por cifras "que non son reais"

Tres nenas á súa chegada ao colexio CEIP Hernán Cortés durante o primeiro día de comezo do curso escolar, a 7 de setembro de 2022, en Madrid (España). O curso escolar 2022/2023 comeza este ano coa implantación da LOMLOE nos cursos impares e
Marta Fernández Jara - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 8 septiembre 2022 16:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Sep. (EUROPA PRESS) -

O Consello deu luz verde este xoves ao decreto polo que se establece o currículo da educación infantil en Galicia adaptado á nova lei, a LOMLOE. Será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) "os próximos días", segundo a Xunta.

Na comparecencia posterior á reunión semanal do Goberno autonómico, o presidente galego, Alfonso Rueda, valorou a "superación de todos os problemas derivados da entrada en vigor desta lei" e referiuse tamén ao "atraso" do Executivo central "á hora de elaborar os currículos para que as comunidades autónomas" puidesen facer os seus.

En calquera caso, reivindicou que Galicia "fixo os deberes a tempo" e o pasado mes de abril presentou "todos", aínda que, puntualizou, non estaban aprobados "de forma formal".

"Había que presentalos", sinalou, para que profesores puidesen organizar o curso e as editoriais preparar os libros de texto. Agora "quedan uns trámites para aprobalos de forma formal" e o Consello deu luz verde este xoves ao "primeiro destes decretos, que é o currículo da educación infantil".

Entre outras novidades, referiuse á inclusión de contidos relativos á cultura galega --como tradicións, valores e costumes propios-- e ao feito de facer "especial fincapé" na introdución cada vez máis temperá da lectura, xunto ao impulso á educación dixital, estilos de vida saudable e un maior peso ás tutorías, entre outros aspectos..

"BASTANTE NORMALIDADE"

A preguntas dos xornalistas, Rueda falou de "bastante normalidade" na volta ás aulas, con "predisposición para traballar" a pesar da existencia de "algunhas protestas".

En todo caso, limitou a súa repercusión, como a que se convocou este mércores fronte á Xunta en San Caetano "esperando que houbese máis xente". "Están a soster cifras que non son reais", ha replicado.

Neste sentido, insistiu nas cifras que achega o Goberno galego sobre que hai 130 aulas máis que antes da pandemia e negou "que se están recortando unidades escolares". "Se baixa o número de alumnos en xeral nas fases primarias, loxicamente hai que facer unha reordenación, sen suprimir profesorado", engadiu.

ADHESIÓN ESCOLA INFANTIL

Por outra banda, o Consello aprobou o convenio de adhesión á gratuidade da escola infantil Breogán da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Dotado con máis de 150.000 euros para cubrir os gastos das prazas infantís que oferta durante todo este curso, trátase dun acordo específico ao tratarse dun centro "singular" desde o punto de vista da súa titularidade e xestión.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado