SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jun. (EUROPA PRESS) -
Varios centenares de persoas percorreron durante esta mañá o centro histórico de Santiago de Compostela con motivo do Orgullo LGTBIQ+, celebrado cada 28 de xuño, para protestar contra a discriminación e violencia cara ao colectivo.
Encabezada por unha pancarta coa lema 'Contra o fascismo, queers organizadas', esta é unha das manifestacións que percorrerán Galicia durante esta fin de semana e nas que a loita contra o odio coincide como elemento de protesta común. O sábado xa saíron á rúa Ferrol, Vigo e Pontevedra e esta tarde farano Ourense, A Coruña e Lugo.
"A todos vos armarios, chisqueiro e gasolina" , "Aquí está a resistencia trans" e "O corpo equivocado é o da policía" son algúns das lemas que foron coreados desde a Praza 8 de Marzo até a Praza de Praterías polas arredor de 500 personas asistentes, segundo as cifras da organización.
Antes da saída da marcha, Xandre Garrido, membro de Avante LGTB+ --unha das asociacións convocantes--, puxo de manifesto unha "escalada de agresións" nos últimos meses. "Desde Avante estamos en contacto con varios casos que se tentaron denunciar, pero a Policía díxolles que se non sabían o nome da persona que lles agrediu non podían facer nada", criticou.
Xa no manifesto lido en Praterías, membros da organización cargaron contra que se utilicen estas violencias para "alimentar discursos racistas e antiinmigración, presentando outras culturas e pobos como unha ameaza para o colectivo".
Ademais, outra das reivindicacións presentes foi sobre o actual desabastecemento do Lenzetto, un fármaco hormonal que toman as persoas trans, pero tamén as mulleres cis en distintas fases de menopausa. "O desabastecemento afecta a todas as mulleres, cis e trans", expuxo o texto.