SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Oct. (EUROPA PRESS) -
Unha persona perdeu a vida e outras tres resultaron feridas este domingo despois de saírse da vía o vehículo no que circulaban na estrada que une Camboa e Acevedo, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, no límite co concello de Soutomaior.
Segundo trasladou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 11,30 horas. Cando tivo coñecemento dos feitos, a central de emerxencias alertou aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e a voluntarios de Protección Civil.
Xa no punto, os servizos de emerxencias tan só puideron confirmar o falecemento dunha das persoas ocupantes do vehículo. Mentres, os outros tres feridos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.