FERROL, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -
O home de Ferrol detido de madrugada por supostamente secuestrar a súa exparella, foi posto en liberdade despois de que a muller declarase que non mantivera contacto con el e que o secuestro non se producira.
O suceso produciuse durante a noite do domingo cando, segundo fontes policiais, o home agrediu a actual parella da súa exnoiva. Nun primeiro momento, creuse que o detido se levara á muller secuestrada do lugar, non obstante, a moza foi localizada horas despois en perfecto estado na casa da súa nai.
Fontes da investigación precisaron que a actual parella da muller, de iniciais J.M.R.T, de 46 anos, si sufriu unha agresión por parte home, que lle golpeou cunha barra de ferro, e tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde recibiu a alta esta madrugada.
Tras a declaración da moza, que asegurou non manter ningún contacto co detido no transcurso do día, e coñecer que o parte de lesións do agredido eran de carácter leve, o home foi posto en liberdade arredor das 6,00 horas deste luns.
Tal e como confirmaron fontes policiais, o agresor tiña interposta unha orde de afastamento da moza e a pelexa entre os dous varóns foi froito das ameazas que esta dicía recibir do detido para que volvese con el.